Como gañan cartos os influencers?

O mundo hiperconectado actual abriu as portas a unha nova era en materia profesional. A nova forma de gañar cartos grazas a internet e o universo dixital fixo pensar a moitas persoas en facer carreira a través das redes sociais. Crecen as ganas de converterse en influencer e de adquirir unha notoriedade e fortuna case inmediatas.